Elena Estévez recuncará como candidata do PP á Alcaldía de Bueu
Por Redacción
Alcaldesa de Bueu entre 2004 y 2007 e recuperada para a política municipal no 2019, cando encabezou á candidatura do PP, Elena Estévez recuncará como a opción do partido conservador para recuperar a Alcaldía do municipio.
O presidente provincial do partido, Luís López, confirmou que Estévez encabezará a lista que o PP presentará nas municipais de 2023, ao entender que "é a alternativa seria e imprescindible" que necesita Bueu tras quince anos de goberno do BNG.
"Co liderado de Elena, un partido unido e o traballo de rúa saímos a gañar", sostivo López, que agarda que os seis edís que teñen actualmente os populares se convertan en nove tras a próxima cita coas urnas para conseguir a maioría absoluta.
O obxectivo do PP, segundo o seu presidente, é que Bueu aborde un "cambio tranquilo" e se poña fin a quince anos de "estancamento".
Elena Estévez subliñou que este cambio á fronte do goberno municipal "está preto" e defendeu que o seu equipo ten experiencia e traballa de maneira "comprometida" para poder conseguir "a maioría absoluta que necesitamos".