A Comunidade de Montes de Fentáns quere poñer en valor a ruta de sendeirismo entre a ponte e a Capela de Lixó
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, recibiu á nova directiva da Comunidade de Montes de Fentáns que preside María Campos Fontenla que solicitaron o acondicionamento da ruta de sendeirismo entre a ponte de Fentáns e a Capela de Lixó que queren poñer en valor.
No transcurso da xuntanza o rexedor confirmoulles que o Concello presentará alegacións ao Plan de Zonas Brancas da Secretaría de Infraestruturas Dixitais para que se inclúa a este lugar na dotación e despliegue da fibra óptica.
Cubela e os comuneiros repasaron os proxectos impulsados polo Concello e que teñen como principais beneficiarios os veciños de Fentáns entre os que salientan a mellora da PO-230 que levará a cabo a Consellería de Infraestruturas, que se acometerá por fases, asi como a adxudicación que se fará nas vindeiras semanas do proxecto de dotación do local social deste lugar a partir dunhas ruínas que mercou o Concello para convertilas en Casa do Pobo.
Finalmente, os comuneiros interesáronse polas iniciativas postas en marcha pola Consellería de Medio Rural para a recuperación de terras abandonadas como son os proxectos das Aldeas Modelo ou os Polígonos agroforestais ou gandeiros.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro pasará do 32% de cobertura en fibra óptica ao 100% en dous meses
Por Oskar Viéitez |
-
Piden terreos veciñais para avanzar na rede de saneamento de A Longa
Por Redacción |
-
Costa e Cubela piden a Ethel Vázquez ampliar a 7 metros a plataforma viaria da PO-230
Por Redacción |
-
Luz verde á restauración dos petróglifos de Fentáns, en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |