A humanización da praza pública de Vilalonga prevese que estea finalizada o próximo mes de marzo
Por Redacción
As obras da Praza Pública de Vilalonga avanzan a bo ritmo e espérase que estean concluídas o próximo mes de marzo. O alcalde, Telmo Martín, acompañado da concelleira de Planificación Territorial, María Deza, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, visitaron esta semana as obras xunto á arquitecta do proxecto, Irene Campo.
A empresa adxudicataria das obras xa levantou todo o pavimento e demolido parte do palco da festa. A praza incrementará o seu espazo útil pasando dos 4.011 metros cadrados actuais aos 5.280 metros cadrados pola ampliación de espazos tanto polo lado da estrada PO-505 como do campo de fútbol. Tan importante como a súa ampliación é a súa ordenación para converter a praza nun espazo máis uniforme, suprimindo as barreiras físicas que agora limitan o seu uso.
Os obxectivos da humanización son mellorar o espazo, ampliando as beirarrúas polo lado do campo de fútbol e a PO-505, que pasase a ser “zona 20” de velocidade no tramo da praza, ademais da supresión do tráfico interior, mantendo o acceso de servizo ao campo de fútbol. Outros obxectivos son a mellora e a ampliación da zona infantil, a supresión das barreiras físicas que prexudican o uso da praza e a bancada perimetral, aproveitando a diferenza de altura de 4 metros entre o lado oeste (onde estaba o quiosco) e o leste.
Tamén se prevé a mellora dos accesos ao campo de fútbol e a plantación de árbores, concretamente bidueiros, para crear unha barreira natural entre a PO-505 e a praza no tramo no que están á mesma altura.
Tras a reforma a praza contará con tres espazos diferentes, que poden funcionar conxuntamente ou por separado segundo as necesidades: Zona de xogos infantís e dous espazos para eventos.
Relacionadas:
-
Descontento veciñal polo proxecto da praza de Vilalonga
Por Redacción |
-
A vindeira semana comezan as obras na Avenida Vilar
Por Redacción |
-
As obras na Praza de Vilalonga avanzan coa estrutura da bancada
Por Redacción |
-
Retirado o pavimento da praza de Vilalonga
Por Redacción |
-
As obras na Praza Pública de Vilalonga obrigan a trasladar o mercadillo
Por Redacción |
-
A humanización da praza pública de Vilalonga comezará en setembro e custará uns 900.000 euros
Por Redacción |