A cociña pontevedresa conquista Miami a través dos fogóns de Iñaki Bretal
Por Alejandro Espiño
Unha das grandes referencias da cociña pontevedresa, o chef Iñaki Bretal, demostrou todo o seu talento nos fogóns en Miami. El foi o gran protagonista da inauguración da sexta edición do Galician Cinema and Film Festival.
Fíxoo cociñando en directo un menú con produtos galegos que se serviu aos comensais nun establecemento da marca española Cosentino.
Bretal, propietario do restaurante O Eirado, esforzouse por traer un "anaquiño de Galicia" a Miami cun menú de cinco pratos, incluíndo unha sobremesa a base de castañas, café e chocolate.
Berberechos, láminas de polbo en ensalada, escuma de queixos galegos con ovo e pan frito e peixe á galega con crema de cachelos foron as elaboracións propostas polo cociñeiro pontevedrés no marco deste festival.
Ademais desta primeira cita, Iñaki Bretal será tamén o encargado de ofrecer mañá unha degustación gastronómica para unhas 150 persoas.
O Galician Cinema and Film Festival, que ata o de agora se celebraba en Nova York, mudouse a Miami para realzar alí os activos culturais, gastronómicos e naturais de Galicia.
Relacionadas:
-
Unha clase sobre afumados, broche para as masterclass de Iñaki Bretal en Marín
Por Redacción |
-
Clase maxistral sobre os mariscos máis descoñecidos das Rías Baixas ao estilo Masterchef
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Iñaki Bretal, chef 'estrela' de O Eirado: "É algo que Pontevedra merecía. É bo para todos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |