A Illa de Arousa protexe o espazo dunar da Praia de Barbafeita instalando un valado
Por Redacción
O Concello de A Illa de Arousa continua coa recuperación dos espazos dunares cun novo investimento de 40.000 euros para Barbafeita que permitiu rematar o valado iniciado, e ao que o goberno local destinara xa outra partida tamén de 40.000 euros.
Nesta ocasión o valado delimita a praia de Barbafeita, cunha altura superior ao tramo anterior ao ser necesaria neste entorno unha maior protección do espazo dunar.
Luis Arosa, concelleiro de Servizos, recorda que o goberno local leva máis de cinco anos desenvolvendo pequenas actuacións de protección do entorno natural co respaldo de outras administracións e financiadas a través de fondos de compensación. "Nesta zona de Area de Secada levamos investidos uns 80.000 euros e a recuperación da contorna xa é visible. O vallado impediu xa aos bañistas e usuarios da zona pisar as dunas este verán, e xa se empezan a ver os resultados", explica o concelleiro.
O goberno local comezou estes traballos do parque do Carreirón, en Area de Secada e en diferentes puntos concretos do Bao delimitando sendeiros que marquen aos viandantes os tramos que son accesibles e, sobre todo, que delimiten os espazos dunares que acusaban un alto grado de deterioro. "A recuperación xa é visible, ao igual que parte da flora autóctona que contribúe a fixar a area", apunta Luis Arosa, consciente de que ainda queda moito traballo por diante.
Espiñeiro será un dos entornos nos que actuar na axenda do goberno local. "Traballamos por un entorno sostible, e tamén por un turismo sostible. Son moitas as persoas que visitan a Arousa durante todo o ano atraídas por un medio natural singular e nese sentido temos que incidir na necesidade de respectar as dunas para garantir a súa conservación", afirmo Luis Arosa.