Lores despide o estudantado do Erasmus que fixo o mural no lavadoiro de Mourente
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este martes ao estudantado de toda Europa que participaron na elaboración dun mural no lavadoiro de Mourente.
O proxecto artístico estivo organizado pola experiencia Ticket2Europe, e enmarcado no programa Erasmus+, cun obxectivo educativo non formal, mesturando ideas, colaborando e traballando coa veciñanza do lugar, procurando que fose unha experiencia interxeracional.
O alcalde preguntoulles pola súa estancia en Pontevedra e por si lles gustara a cidade, ao que algún respondeu que lle gustaría quedar a vivir por tratarse dunha vila tranquila e agradábel. De todos os xeitos, o proxecto rematou este martes e mañá os máis de 30 mozos de cinco países da Unión Europea que participaron nesta experiencia regresarán de volta aos seus domicilios.
O mural creouse da man de Cuco Carrera e mellora a contorna do lavadoiro. Contou co apoio do Concello que ofreceu o material para o mural, así como a empresa Autocares Rías Baixas que ofreceu o transporte nestes días.
Relacionadas:
-
Alumnado de dez países estranxeiros, con Francia e México á cabeza, chega ao campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
Universitarios europeos pintarán un mural no lavadoiro de Os Areás, en Mourente
Por Manu Otero |
-
O CPI do Toural vai rematando a súa experiencia Erasmus
Por Redacción |
-
Alumnado de Vilaboa, Romanía, República Checa e Lituania estreita lazos e rexeita a guerra de Ucraína
Por Redacción |
-
Un grupo de estudantes do programa Erasmus interésanse polo modelo de cidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |