Aprobada a venda dunha nova parcela no Polígono de Barro a Mariscos Alumar
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a venda dunha nova parcela do Polígono de Barro en favor da empresa Mariscos Alumar por máis de 155.000 euros.
Segundo informou a presidenta provincial, Carmela Silva, a firma xa ocupaba parte da superficie e aprobou a ocupación doutra parcela máis a través dun acordo de dereito de superficie. Deste xeito, Mariscos Alumar, que xa tiña unha parcela adquirida, pasará a ter tres parcelas no Polígono.
Silva tamén comunicou os acordos celebrados no marco da Comisión dos Viveiros de Empresas da Deputación en Barro e Lalín, que presentan unha alta demanda de ocupación.
O órgano aprobou cinco novas solicitudes, a maioría delas de firmas procedentes do sector tecnolóxico, para ocupar catro naves e unha oficina no de Barro e unha nave do de Lalín. Tamén lle deron o visto bo á prórroga de dúas empresas xa instaladas nas oficinas do viveiro de Barro.
Relacionadas:
-
Barro concede licenza ás novas instalacións no polígono de Artesa Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Barro aproba uns presupostos récord para 2023 nos que aumenta o gasto social
Por Redacción |
-
Algúns recursos do parque provincial de maquinaria sairán a poxa
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE propón designar co nome de Magín Froiz unha rúa do Polígono de Barro
Por Redacción |
-
O novo parque de maquinaria da Deputación ocupará case 9.000 metros cadrados
Por Redacción |