Bonecos para demandar un pediatra e melloras na Atención Primaria de Baltar
Por Redacción
Poboación de Sanxenxo protagonizaba este domingo unha concentración diante o Centro de Saúde de Baltar, indignada pola situación que está a sufrir a sanidade pública na Atención Primaria. A convocatoria, realizada polos colectivos Pediatras e matronas xa! e pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública presentaba tamén a novidade da doazón, con motivo do Día da Infancia, de bonecos de escolares como mostra de protesta pola falta de pediatra neste centro de saúde.
Ana Belén Fernández Camiña, de SOS Sanidade Pública Sanxenxo e Fany, de Pediatras e matronas xa! encargáronse de ler os manifestos nos que denuncian a falta de persoal; as axendas pechadas dos médicos de familia; a saturación do persoal de enfermería e o problema de falta de recursos humanos nos Puntos de Atención Continuada da contorna.
Lembran que, ante esta situación na Atención Primaria, os pacientes están obrigados a acudir a Urxencias no Hospital Provincial no caso de menores ou en Montecelo, provocando unha saturación nestes dous servizos.
Indicaron, nos seus manifestos, que non aceptan a desculpa de que non hai persoal médico xa que, segundo alegan estes colectivos, se presentan máis persoas que as prazas ofertadas en oposición. Denuncian que o Sergas derive os pacientes á sanidade privada en lugar de investir en persoal do servizo público.
Piden unha reunión co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para resolver esta situación e esixen un cambio urxente no modelo asistencial.
Todos os bonecos doados serán entregados polas entidades organizadores a asociacións solidarias para doalos a familias con dificultades económicas. O acto finalizou cunha cadea humana arredor do Centro de Saúde.
Relacionadas:
-
O centro de saúde de Vilalonga non terá médico do 5 ao 9 de decembro
Por Redacción |
-
Manifestación e petición de sinaturas nas rúas para demandar unha Atención Primaria de calidade
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Baltar queda "definitivamente" sen pediatras
Por Redacción |
-
Concentración de Marea Branca en defensa da sanidade pública
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Masiva protesta en Moraña pola falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra rompe relacións coa Consellería de Sanidade
Por Redacción |
-
Participación masiva na manifestación en defensa da sanidade pública en Caldas
Por Redacción |
-
Reposición urxente do servizo de Pediatría na Illa de Arousa, petición do alcalde a García Comesaña
Por Redacción |
-
Convocan unha concentración en Baltar pola falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
SOS Sanidade O Grove convoca unha concentración este domingo para reclamar persoal para dúas prazas de Pediatría
Por Anxo Lourido |
-
Montse Prado, do BNG, afirma que a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é o "banco de probas" do PP para desmantelar a sanidade
Por Anxo Lourido |
-
Convocan unha concentración con bonecos ante o Centro de Saúde de Baltar para reclamar pediatras e matronas
Por Redacción |