O BNG de Marín propón unha alternativa ao aparcadoiro soterrado do Parque Eguren
Por Oskar Viéitez
O BNG de Marín presentou unha proposta para estudar unha nova ubicación á construción e explotación dun aparcadoiro, que trasladará no debate do vindeiro pleno municipal, que terá lugar este xoves 24 de novembro.
Lucía Santos, portavoz municipal do BNG, manifesta como xa o fixo no pasado mes de xuño cando se coñeceu a proposta do PP, que "a construción dun aparcadoiro soterrado no Parque Eguren vai totalmente en contra un dos eixes fundamentais de mobilidade urbana sostible", entre outras cousas, segundo argumentan "provocaría un aumento monumental da circulación de vehículos na zona".
Deste xeito, o BNG considera que este proxecto "hipotecaría o desenvolvemento futuro do casco urbano" ademáis doutra serie de aspectos que critican del.
Por todo isto, Lucía Santos solicitará ao goberno municipal estudar a viabilidade de levar a cabo a construcción dun aparcadoiro na parcela situada na rúa Ditosa, ao carón da rúa Tiro Naval Janer e nas inmediacións do pavillón da Escola Naval Militar, xa que este é o único espazo do centro da vila recollido no PXOM como uso dotacional.
Santos explica que a parcela conta cunha superficie de 5.139 metros cadrados e, "dada a orografía do lugar, podería construirse un aparcadoiro de plantas en superficie, e tamén soterrado, aproveitando as diferentes cotas do terreo e deixando a cuberta para dotación dun espazo de uso público".
Lucía Santos indica que "a parcela está situada nun lugar estratéxico para expandir e desenrolar o núcleo urbano da vila, ademais de estar situado nun punto cercano a diferentes lugares de interese como o vial de praias, a praza de abastos ou a alameda".
Relacionadas:
-
A Zona 2H e os aparcadoiros públicos gratuítos evitan o colapso do tráfico marinense polo Nadal
Por Redacción |
-
Avanza a tramitación do proxecto para o futuro aparcadoiro subterráneo do Parque Eguren
Por Redacción |
-
Marín estuda a construción dun aparcadoiro subterráneo de dúas prantas no Parque Eguren
Por Redacción |