Interceptados 130 quilos de vieiras con toxina procedentes do furtivismo nos Praceres
Por Redacción
A Garda Civil procedeu á incautación de 130 quilogramos de vieiras procedentes do furtivismo.
Os feitos sucederon na madrugada do día 6, segundo informa o Instituto Armado, cando se procedeu a controlar unha furgoneta marca Mercedes, cando saía do peirao de Os Praceres, en Pontevedra, a cal fixo un intento de fuga.
O vehículo ía ocupado por D.D.S., de 33 anos de idade e veciño de Pontevedra, e J.D.I., de 40 anos e con domicilio en Marín. Unha vez identificados, os axentes procederon á inspección da carga que constaba en catro salabardos contendo vieiras procedentes do marisqueo furtivo.
Por todo iso, os gardas incautáronse do marisco e do vehículo, que foron entregados á Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a cal remitiu mostra da vieiras ao servizo de toxicoloxía para comprobar se tiñan ou non toxina.
Unha vez recibido o positivo da toxina nas vieiras, a Garda Civil imputoulles un delito contra a saúde pública, polo que terán que presentarse nos Xulgados de Instrución de Pontevedra cando para iso sexan requiridos.
Relacionadas:
-
Un operativo contra o furtivismo na ría de Arousa sáldase coa identificación de 38 persoas
Por Redacción |
-
O mércores chegarán aos mercados 2.700 quilos de vieira
Por Oskar Viéitez |
-
Cambados volve extraer vieira despois de dez meses de prohibición pola toxina
Por Oskar Viéitez |
-
48 persoas identificadas nunha operación contra o furtivismo na ría de Arousa
Por Redacción |
-
Imputan dous arousanos 'cazados' con centola seis días antes de que se abrira a veda
Por Redacción |
-
Interveñen marisco furtivo fondeado no porto de Tragove
Por Redacción |