O Carlos Oroza intégrase na nova rede estatal de excelencia de formación profesional
Por Oskar Viéitez
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra integrarase na nova Rede Estatal de Excelencia de Formación Profesional.
Así o anunciou o Ministerio de Educación e Formación Profesional ao Goberno autonómico que foi o que o propuxo xunto aos CIFP Las Mercedes de Lugo e Ánxel Casal da Coruña, dos que se valora o seu traballo e capacidade para ser referentes nos ámbitos da innovación e investigación aplicada así como do emprendemento activo no ámbito local e autonómico.
A integración nesta rede supoñerá a posta en marcha de distintos plans e proxectos de actuación para avanzar na transformación tecnolóxica dixital e metodolóxica.
A Xunta agradece este recoñecemento xa que poderá contribuír a seguir consolidando a FP galega, que é xa referente nacional e que na última década pasou de 34.000 alumnos aos máis de 60.000 deste curso, máximo histórico.
No marco desta rede, o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra propón impulsar a formación do sector da hostalería centrándose na tecnoloxía, dixitalización e transición ecolóxica.
A intención é levar a cabo proxectos de alimentación saudable integrando o tecnolóxico e dixital para dar resposta a novos perfís profesionais e propiciar innovadores modelos de negocio dentro do ámbito do emprendemento na hostalería.
Relacionadas:
-
Unha semana de estrelas no CIFP Carlos Oroza
Por Redacción |
-
Estudantes de cociña e restauración asumen o protagonismo no peche de Etiqueta Negra
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Carlos Oroza ocupará tres postos do gastromercado
Por Alejandro Espiño |
-
O CIFP Carlos Oroza recibe o premio Loureiro de Ouro na Festa das Cunchas
Por Redacción |