Aberta a sección de Igualdade con 190 libros na Casa de Cultura de Riomaior
Por Redacción
Libros para todas as idades con contidos de respecto e paridade atópanse xa ao dispor das persoas interesadas na Casa de Cultura de Riomaior, no Concello de Vilaboa.
Un total de 190 exemplares, catalogados por idades, repártense na nova sección de Igualdade creada na bilbioteca municipal. Carmen Gallego, concelleira da área de Igualdade, afirmaba durante a inauguración que se trata dun recurso máis ao servizo da cidadanía coa idea de avanzar na consolidación dunha sociedade igualitaria desde unha perspectiva de xénero.
Os fondos literarios atópanse distribuídos por idades con tres etapas entre os tres e os 12 anos; unha categoría de literatura xuvenil; e unha última destinada ao público adulto.
César Poza, alcalde de Vilaboa, considera que esta iniciativa é unha ferramenta máis para frear a violencia contra as mulleres desde a educación e que se suma ao labor que se realizan desde os centros de ensino do municipio entre a poboación infantil.