Vilaboa pospón a iluminación do Nadal ao 20 de decembro "por responsabilidade ambiental"
Por Redacción
O Concello de Pontevedra non será este Nadal o último da comarca en inaugurar o seu alumeado de Nadal. Vilaboa ten previsto que as luces empecen a funcionaro o 20 de decembro, catro días despois do 16 en que empezará Pontevedra.
Así o deu a coñecer o Concello de Vilaboa, que explica que adoptou esta decisión "por responsabilidade ambiental".
O alcalde, César Poza, indicou que o encendido realizarase o 20 de decembro, como acto simbólico de responsabilidade ambiental e dentro dos compromisos adquiridos polo Concello no Pacto polo Clima.
Vilaboa apostará este ano por un photocall cun cono tridimensional como elemento central da iluminación de Nadal que ambientará o municipio.
Esta decoración será de catro caras con catro metros de alto por dous de ancho e estará ubicado en Riomaior, entorno no que nesta ocasión instalarán o Mercadillo de Nadal, que contará tamén con iluminación propia para visibilizar a súa presenza desde a carretera e facilitar así as ventas dos artesáns que instalen alí os seus postos.
O Concello de Vilaboa confía en que o photocall sexa un atractivo máis do Nadal local e outro motivo para achegarse ata Riomaior e disfrutar dos agasallos artesanais e creativos como opción de regalos nestas datas.
En Santa Cristina, tamén no entorno cultural, o Concello instalará un arbol natural con decoración navideña. Outro de similares característica ambientará o centro cultural de Figueirido. No entorno da Praza do Concello instalarán tamén 8 árbores naturais adornados con 16 metros de guirnaldas, cada un, ademáis dun rótulo na fachada coa lenda 'Boas festas'. A iluminación en Vilaboa a ampliarán con 36 arcos luminosos repartidos entre as diferentes parroquias, así como diversos motivos decorativos que en farolas.
No municipio complementarán a ambientación co II Concurso de Iluminación de Nadal, no que o Concello confía na implicación do vecindario para "encher de colorido e ambiente as vivendas da localidade, cunha perspectiva sostible e orixinal". César Poza anima a ambientar un balcón, o patio exterior, a fachada ou o recuncho que cada quen escolla na súa propiedade e a enviar unha fotografía, xunto coa dirección da vivenda e un número de teléfono de contacto, a info@vilaboa.org antes do 10 de decembro.
Os gañadores os elixirá un xurado integrado por membros da administración local, que visitará cada unha das vivendas participantes no concurso entre o 10 e o 17 de decembro. Os premios os entregarán antes do 23 de decembro, e serán tres cestas cheas de produtos típicos destas datas para os dous primeiros e 150 euros para o terceiro.
Como novidade nesta edición, o Concello introduciu que o terceiro premio sexa ao traballo colectivo, incentivando a colaboración entre a veciñanza cunha agasallo en metálico para o barrio ou lugar mellor decorado. Os primeiros en rematar esta ambientación do barrio foron os residentes en Paredes, na carretera vella, que onte encenderon xa a súa composición ornamental.
Relacionadas:
-
Figueirido xa goza do Nadal cun castelo de luces
Por Redacción |
-
A unión veciñal enche Paredes da maxia do Nadal e non falta nin o rosquilleiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Nadal xa ilumina Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O mercado de árbores naturais para o Nadal regresa á Praza de Ourense
Por Redacción |
-
Pontevedra non encenderá as luces de Nadal ata o 16 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
Vilaboa convoca por segundo ano un concurso de decoración do Nadal
Por Redacción |