Un estudo xeotécnico revisará as patoloxías de Santa Clara para decidir que "manter, derrubar ou reforzar"
Por Redacción
No prazo dun mes, unha vez formalícese o contrato entre as empresas Ingeniería, Geotecnia y Calidad SL e José Manuel Revelles Benavente coa Deputación, deberá estar finalizado o estudo con catas, endoscopias, termografías e electromagnetismos para ofrecer información fiable sobre o estado do convento de Santa Clara, antes de iniciar o concurso de proxectos que dará aspecto final a todo este espazo para a súa integración nos edificios do Museo de Pontevedra.
César Mosquera, vicepresidente da Deputación, informou da adxudicación do contrato e explicou que con estes traballos realizaranse estudos geotécnicos a través de alta tecnoloxía para determinar as patoloxías construtivas da edificación e decidir que facer en relación aos elementos que se deben manter, aqueles que será necesario derrubar ou os que se terán que fortalecer. O vicepresidente provincial afirma que esta análise achegará "información fiable para poder tomar decisións".
Desta forma, a Deputación avaliará unha reconstrución parcial ou unha ampliación para destinar o espazo a usos museísticos, que sexan compatibles cos seus valores orixinais, coa protección do patrimonio cultural, co seu uso dotacional e co propósito municipal de deixar a horta e os espazos non edificados do recinto a outros usos públicos para o goce da cidadanía.
Tamén se analizará a posibilidade de dedicar parte do recinto á xestión integral da colección arqueolóxica do Museo de Pontevedra. O terreo ofrece 13.000 metros cadrados cunha superficie construída de preto de 4.500, dividida en varios inmobles de distinta época e tipoloxía.
Toda esta información permitirá, segundo Mosquera, que os estudos de arquitectura se presenten ao concurso internacional de proxectos con datos concretos para presentar as súas propostas.
Está previsto un mínimo de tres sondaxes mecánicas a rotación e cinco ensaios de penetración dinámica, tamén ensaios de laboratorio que permitan obter información sobre características químicas, densidade, humidad, agresividade do chan e da auga co formigón, nivel freático ou sismorresistencia. O informe final ofrecerá recomendacións para a estrutura do proxecto futuro.
Utilizaranse cámaras endoscópicas e binoculares cando sexa preciso, ademais de termografías infravermellas e equipos por electromagnetismo para comprobar as lesións das estruturas que forman parte do recinto.
Relacionadas:
-
Toma de contacto con Santa Clara das empresas internacionais aspirantes a transformar o convento en "estandarte do Museo"
Por Anxo Lourido |
-
Santa Clara celebra un ano de apertura ao público integrándose no Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz & Mónica Patxot |
-
Atopan dúas balas en Santa Clara: un proxectil das guerras carlistas e outro da Guerra Civil
Por Redacción |
-
Perdiches o teu balón tras os muros de Santa Clara? O Concello abre unha vía para recuperalos
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Santa Clara deixa de ser un misterio para 2.400 persoas nunha fin de semana
Por Redacción |
-
Santa Clara celebrará o seu primeiro ano 'público' con visitas guiadas e faladoiros sobre a súa historia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O concurso de ideas para rehabilitar Santa Clara abre a posibilidade de que acolla un restaurante
Por Oskar Viéitez |