A Carballeira de Santa Lucía, escenario da inauguración das luces de Nadal en Moraña
Por Redacción
Ás 19.00 horas deste sábado 10 de decembro, a Carballeira de Santa Lucía converterase no centro da vila de Moraña coa inauguración da iluminación do Nadal.
A Banda de Música Nova Lira de Moraña amenizará este acto coa estrea da iluminación. O goberno local anuncia "máis luces, máis decorado, novas figuras e moitas sorpresas".
A gran novidade deste ano será a recreación dun espazo como Aldea Infantil do Nadal, realizada polo Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI. Alí daranse cita Papá Noel, unha casa de elfos, un cortello, a fábrica de xoguetes, un tren de aventuras e un pozo de desexos.
A continuación, no Multiusos, acompañados por Nova Lira e pola Coral Voces Amigas inaugurarase tamén o Belén artesanal, realizado pola Asociación de Mulleres Rurais Ou Menhir. Trátase dunha proposta orixinal cun achegamento entre o patrimonio morañés e a clásica recreación do portal de Belén de tradición cristiá.
Relacionadas:
-
Cen metros cadrados do Multiusos de Moraña acollen un gran Belen Artesanal
Por Redacción |
-
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, destaca o interese que o belén de Moraña esperta nos visitantes
Por Redacción |
-
Unha fronte fría baixa as temperaturas en toda a comarca e deixa mínimas de 0 graos
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Moraña, Portas e Campo Lameiro, únense para crear unha estratexia de xestión de biorresiduos conxunta
Por Redacción |
-
Masiva protesta en Moraña pola falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |