VÍDEO.- Atasco en Joaquín Costa e anuncio de peche da Avenida de Vigo
Por Redacción
Durante a xornada deste luns, debido á borrasca, desprendíase un fragmento da medianeira dun edificio situado na Rúa das Leitugas. A Policía Local decidía pechar ao tráfico tanto esa rúa e a Rúa Joaquín Costa, entre a Travesía dá Eiriña e 12 de Novembro. A circulación era derivada por Poza dos Canos.
Na mañá deste martes 13, a primeiras horas, rexistrábanse retencións de tráfico en Joaquín Costa, Travesía da Eiriña e tamén en Poza dos Canos, no cruzamento entre estas vías céntricas da cidade.
PECHE TRAMO DA AVENIDA DE VIGO
A Policía Local tamén anuncia que os próximos días xoves 15 e venres 16 quedará pechada a avenida de Vigo no seu tramo final debido a unhas obras de canalización eléctrica que se van a executar nesa zona.
Para evitar problemas de circulación a horas punta e facilitar a mobilidade, tanto de residentes como de transporte escolar, desde a Policía Local indican que se estableceu un operativo e limitarase o peche a uns determinados horarios.
Estes horarios de peche quedan establecidos entre as 09.30 e as 14.00 horas e de 15.00 a 19.00 horas dos dous días.