Instalación do emblemático belén da Comandancia da Garda Civil
Por Redacción
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra instala nestas datas o emblemático Belén de Nadal.
Este traballo foi elaborado, un ano máis, de maneira artesanal polo garda civil retirado Antonio Varela Mourelle, coa axuda da súa esposa Marisol Peso.
Aquelas persoas interesadas en visitalo terán ocasión entre o luns 19 de decembro e o 5 de xaneiro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, de luns a venres.
É necesario presentar unha solicitude para poder acceder a través do gabinete de prensa no correo po-cmd-pontevedra-opc@guardiacivil.org ou chamando á central da Comandancia e solicitar o contacto con prensa para que se organicen grupos de visita.
Relacionadas:
-
O 'Belén de Sanxenxo', con case 300 bonecas, está aberto os 365 días do ano
Por Redacción |
-
Inauguran un Belén artesanal estilo hebraico na Reitoral Sagrado Corazón de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
De homenaxes, despedidas e un cuartel da Garda Civil a poucos metros do pesebre de Belén
Por Natalia Puga |