A Semana da Solidariedade de Marín recolle unha tonelada de alimentos
Por Redacción
A Semana da Solidariedade, organizada polas ONG coa colaboración do Concello, conseguiu recoller máis de 1.000 quilos de alimentos entre o alumnado dos centros educativos de Marín.
Desde o goberno local e as asociacións queren agradecer profundamente a colaboración a todos os centros educativos da vila que participaron desta iniciativa, así como aos alumnos de todas as idades, que non dubidaron en poñer o seu gran de area nun momento tan solidario.
Ademais, as organizacións sociais da vila tamén queren destacar a importante aportación que supuxeron as chocolatadas solidarias dentro do programa de Nadal.
Para este xoves, ás 20:00 horas, está programado o Concerto das Corais Lembranzas, Thalassa e Poio na Igrexa Vella.
Para o sábado 24, ás 11 horas haberá un Rancho de Reis polas rúas de Marín, organizado pola Asociación Pousos da Area. Ás 17 horas Papá Noel paseará en carroza polas rúas de Seixo e a partir das 18 horas comezan as actividades infantís no Mercado de Seixo, organizadas por ACEMAS e o Concello de Marín. Ademáis, de 18:30 a 20 horas terá lugar a recepción de Papá Noel na Alameda.
E o domingo 25, ás 19:30 horas será a visita do Apalpador na Alameda, co "Nadal en Galego" da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Marín fai un balance "moi positivo" das festas de Nadal
Por Redacción |
-
Benestar Social destinou unha achega de 15.000 euros a distribuír alimentos entre a poboación vulnerable durante as festas do Nadal
Por Redacción |
-
O turismo verde, a gran aposta de Marín para desenvolver todo e seu potencial
Por Oskar Viéitez |
-
Seixo vive o Nadal coa programación do comercio local
Por Redacción |
-
Os ‘haters’ do Nadal esnaquizan a decoración en diferentes localidades
Por Redacción |
-
1.500 xoguetes chegan a Botón de Ancla para a súa entrega a familias con menos recursos
Por Redacción |
-
Chocolate para todos para dar a benvida ao Nadal en Marín
Por Redacción |