Comezan os traballos para crear o primeiro parque de xogos de auga de Pontevedra
Por Redacción
A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural acaba de poñer en marcha os traballos que permitirán crear o primeiro parque de xogos de auga de Pontevedra.
As obras, realizadas pola empresa Vortex Estruturas Acuáticas cun orzamento de 374.640 euros, teñen un prazo de execución de dous meses e medio.
O parque será unha singular área de lecer dotada de chorros, difusores e elementos pensados para as familias e para nenos de tódalas idades nunha parcela situada no parque Rosalía de Castro, na ribeira do río Lérez que discorre polo Paseo de Rafael Areses (entre as pontes de Santiago e Os Tirantes).
O concelleiro Iván Puentes trasladouse este xoves ata a zona, acompañado polo xefe do Servizo Municipal de Parques e Xardíns, Manuel Fontán, para supervisar o inicio das obras que teñen un prazo de execución de dous meses e medio, "o que significa que os pontevedreses e pontevedresas poderán estrear na primavera de 2023 esta espectacular área de lecer, que tamén contará cunha zona de xogos tradicionais elaborados en madeira de robinia de 625 metros cadrados, semellante á existente no parque das Palmeiras e presidida por un enorme castelo".
O novo parque de xogos de auga ocupará unha superficie de 225 metros cadrados e inclúen ademais unha mellora paisaxística de todo este contorno, con cores naturais perfectamente integrados na zona verde, novo mobiliario e espazos de confort.
Relacionadas:
-
Un gran castelo xa destaca na zona de xogos tradicionais e de auga no parque Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
Pontevedra poderá estrear o primeiro parque de xogos de auga esta primavera
Por Redacción |
-
Activada a parte do novo contrato de Parques e Xardíns adxudicado á Fundación Juan XXIII
Por Redacción |
-
Chamada ás familias para buscar un elfo perdido no paseo dos Gafos
Por Redacción |
-
O parque de xogos de auga comezará a construírse en outubro
Por Redacción |
-
Pontevedra estreará antes de final de ano o primeiro parque infantil con xogos de auga
Por Alejandro Espiño |