Poio invita os rapaces a "xogar na Seca" durante a semana de Nadal
Por Redacción
A Seca vai a ser, a partir deste luns 26 de decembro, o epicentro da programación de actividades que de cara o Nadal impulsa o Concello de Poio, a través do departamento municipal de Cultura. Haberá máis de trinta actividades de carácter lúdico.
Durante os vindeiros dez días, a carpa habilitada na chaira da Seca acollerá espectáculos de maxia, musicais e karts, inchables e obradoiros, ademais de moitas outras sorpresas pensadas para xente de todas as idades.
Así, luns e martes, entre as 16.00 e as 19.00 horas, chegará Xoga na Seca, con karts a pedais, quads, minis eléctricos, inchables e máquinas recreativas antigas.
Ademais, de luns a mércores terán lugar os obradoiros O Nadal na túa man, organizados pola concellería de Mocidade para crianzas de diferentes idades. E o mércores, ás 18:00 horas, entregaranse os premios aos gañadores do concurso de Tarxetas de Nadal. Posteriormente, os Trasnos de Nadal de Nelson Quinteiro ofrecerán un musicial.
O xoves 29, ás 18:00 horas, será a Gala de Maxia co Mago Paco, acompañado de Christian Miró, Gisell e Joshua Kenneth.
A primeira semana de actividades pecharase o venres 30 cunha exhibición de ximnasia rítmica a cargo de integrantes do Club Saraiba, ás cinco da tarde.
Ese mesmo día, ás 20.00 horas, terán lugar as Badaladas de San Martiño, nas inmediacións da capela, unha cita que a programación recupera logo de dous anos de ausencia pola situación sanitaria. En caso de choiva, esta celebración trasladarase á carpa da Seca.
A edil de Cultura, Raquel Rodríguez, anima a toda a veciñanza a tomar parte nestas iniciativas e a "gozar destas datas tan familiares e entrañables como merecen".
Relacionadas:
-
A Orquesta La Ocaband, coa colaboración de Pepo Suevos e Manquiña, actúa este luns na Seca
Por Redacción |
-
San Martiño recupera as súas badaladas para despedir por anticipado o 2022
Por Redacción |
-
A lingua galega, protagonista do Nadal nos comercios de Poio
Por Redacción |
-
Un domingo de 'papanoelada' moteira en Poio para gozar das festas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Poio lanza o seu vídeo de Nadal animando a gozar con ilusión destas festas
Por Redacción |