Cuntis humanizará a prolongación de Bernardo Sagasta para mellorar o acceso ao polígono da Ran
Por Redacción
O Concello de Cuntis vén de recibir 450.000 euros do Goberno de España ao abeiro do Programa DUS 5000, para a mellora da calidade urbana na rúa Bernardo Sagasta. En total, a reforma custará 577.000 euros.
Os técnicos municipais e o alcalde deron comezo aos traballos de redacción do proxecto definitivo para esta rúa que conecta co poligono industrial de A Ran.
Segundo explica o goberno local, reordenarase o tráfico creando unha nova sección de viario con beirarrúas e unha plataforma viaria de cinco metros de ancho con espazo para estacionamento intercalada con arborado.
Ademais, realizaranse actuacións para o calmado do tráfico e crearase unha senda ciclista de dous metros de ancho nos 800 metros de intervención entre a rúa Bernardo Sagasta e a N-640.
Paralelamente, mellorarase a iluminación co obxectivo de adaptala aos novos usos do viario e cumprir coas esixencias normativas vixentes. Ao mesmo tempo mellorasen a rede de saneamento e a de telecomunicacións.