O autobús de Cerdedo, en custodia da Garda Civil tras seren retirado do Lérez
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/156/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63ab1cf591-5d36f148a2c5b0480077271c5a58ddad71c39b05w.jpg)
© EFE / Lavandeira Jr.
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/29d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63ab1d4b6e-823b8946e4a6d721f614f578a2f3df2c95c3fe4fw.jpg)
© EFE / Lavandeira Jr.
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1f8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63ab1d6645-6489fe970c09109a6d35de51a041f4cab2a1e155w.jpg)
© EFE / Lavandeira Jr.
A Garda Civil custodia xa o autobús da compañía Monbús que, na pasada Noiteboa, caeu ao río Lérez en Pedre (Cerdedo-Cotobade) nun accidente que deixa sete falecidos.
Faino despois de que, tras máis de sete horas de traballos e estudos previos, os restos do autocar sinistrado puideran ser retirados do leito do río Lérez.
Foi un traballo con duros preparativos, pola necesidade de asegurar que a ponte desde o que se coordinou todo o operativo fose capaz de soportar o peso conxunto do guindastre de grandes dimensións necesaria para o izado, cun brazo de 75 metros, e do propio bus.
Unha vez asegurado o autocar, a través de catro ancoraxes, todo foi moi rápido e sen incidentes.
Sobre as catro da tarde, o autobús quedou depositado sobre un camión que, tras amarrar a carga para poder transportala con seguridade, levou os restos de Cerdedo.
O autobús, informou a Delegación do Goberno en Galicia, quedará agora baixo a custodia da Garda Civil.
Eles serán os responsables de examinalo de maneira minuciosa para poder obter o maior número de datos posibles sobre o accidente e aclarar o sucedido.
Relacionadas:
-
A defensa do condutor do autobús de Pedre: "Con néboa, choiva, balsa de auga, salvo un suicida, ninguén vai a 90 km/h"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A investigación do accidente de Cerdedo avanza coa declaración dos sobreviventes e o exame dos restos do autobús
Por Alejandro Espiño |
-
Cerdedo-Cotobade xa advertira a Madrid dos problemas de drenaxe e adherencia da N-541
Por Alejandro Espiño |
-
Expertos da Garda Civil traballan xa na reconstrucción do accidente do autobús de Cerdedo
Por Alejandro Espiño |
-
Prevén recuperar "nas próximas horas" o autobús que caeu ao Lérez en Noiteboa
Por Alejandro Espiño |
-
A investigación sobre o autobús durará "semanas" e incluirá unha reconstrucción do accidente
Por Alejandro Espiño |
-
Inician as probas de carga para tratar de retirar o autobús accidentado do Lérez
Por Alejandro Espiño |