Remata a segunda actuación do Pacto pola Paisaxe
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a tenente de alcalde, Lourdes Ovelleiro, inspeccionaron o remate das obras incluídas na segunda actuación do Pacto pola Paisaxe consistentes nun proxecto de recuperación e posta en valor da Capela de San Salvador, a fonte-lavadoiro e o muíño fariñeiro de Cabenca.
Estes traballos contaron cun investimento total próximo aos 50.000 euros.
Esta actuación que agora remata satisfactoriamente ten como protagonista a recuperación medioambiental e posta en valor da ruta entre Cabenca e Cavadosa, no territorio de Cerdedo, que discorre polas ribeiras do Río Seixo, na aba occidental da Serra do Cando, delimitada como Área de Especial Interés Paisaxístico.
O Concello de Cerdedo-Cotobade pretende poñer en funcionamento o muíño de Cabenca para os seus cometidos orixinarios, é dicir, para a serra e a moenda. Ademais fíxose unha restauración de apeiros de labranza e ferramentas para a súa exposición.