Máis de 15,4 millóns de fondos europeos captados no primeiro ano da Oficina de Fondos Europeos da Deputación
Por Redacción
A Oficina de Fondos Europeos creada pola Deputación Provincial de Pontevedra en decembro de 2021 xa captou no seu primeiro ano de vida máis de 15,4 millóns de fondos europeos para desenvolver 24 proxectos, ten outros 26 presentados e 12 en vías de tramitación, elaboración e valoración.
A Deputación Provincial fixo balance esta fin de semana deste proxecto, que puxo en marcha ante o "panorama de grandes oportunidades" que se abriu cos fondos NextGenerationEu e a presentación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
Esta Oficina xestiona os proxectos propios e asesora aos concellos da provincia co fin de que poidan aproveitar ao máximo as opcións que ofrece o mecanismo de recuperación económica da Unión Europea, así como outros programas de financiamento.
Así, asesora aos concellos da provincia a través de catro liñas de traballo: xestión e control dos proxectos que eles mesmos presentan a convocatorias do Plan de Recuperación, difusión das axudas dirixidas aos concellos e financiadas con fondos europeos, formación para técnicos e gobernantes e servizo de asistencia e apoio continuo aos concellos da provincia en cuestións relativas á preparación de solicitudes de axudas.
Relacionadas:
-
Pontevedra, terceira provincia de España con máis proxectos de rehabilitación aprobados co Plan Pirep
Por Redacción |
-
O Goberno de España avala a Axenda Urbana da Deputación de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Deputación porá en marcha un servizo de consultoría e asistencia técnica para proxectos financiados con fondos europeos
Por Redacción |