Adina celebrará San Antonio coa tradicional poxa de cacheiras e lacóns
Por Redacción
Adina prepárase para acoller esta fin de semana as festas en honra a San Antonio organizadas pola comisión de festas da parroquia en colaboración co Concello de Sanxenxo.
As xornadas festivas darán comezo o sábado con pasacalles a partir das nove da mañá con Os do Barro. Ás 21 horas, terá lugar a verbena amenizada polos grupos Alaska e Prisma.
O domingo 22, comezará con pasarrúas dos Gatiños pola parroquia. Ás 12 horas celebrarase a misa solemne na honra a San Antonio, seguida da procesión e a tirada de lumes. A continuación, terá lugar a tradicional poxa de cacheiras e lacones entre os asistentes. Ás 13:30 horas haberá sesión vermú con degustación de callos, empanada, orella e carneo ‘ao caldeiro’ a prezos económicos e estará amenizada polos Dinámicos.
O recinto da festa estará cuberto por unha carpa.