Publicado no DOG o cambio de nome da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Por Redacción
O cambio de nome da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación xa é un feito, segundo publicou este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG) co decreto da Consellería de Educación, Formación e Profesional e Universidades no que se indica esta modificación.
O pasado mes de marzo iniciáronse os trámites para mudar esta denominación, nun proceso relacionado coa creación da Facultade de Dirección e Xestión Pública, á que están adscritas dúas titulacións que previamente formaban parte de Ciencias Sociais e da Comunicación, facendo que este centro pasase a ser unha facultade "puramente de comunicación", como explicara a decana, Emma Torres.
Isto motivou a proposta dunha novo nome que contribuíse "a manter un bo posicionamento como centro de referencia" nos estudos de comunicación e pasará a chamarse Facultade de Comunicación.
Tras recibir o visto e prace do Claustro, Consello de Goberno e Consello Social da Universidade de Vigo, a proposta de cambio de nome foi informada favorablemente polo Consello Galego de Universidades e aprobada polo Consello da Xunta o 29 de decembro, polo que agora, no DOG se autoriza esta nova denominación e se acorda dar traslado deste cambio ao Ministerio de Universidades, a efectos da súa inscrición no Registro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).
Relacionadas:
-
Emma Torres, reelixida como decana da Facultade da Comunicación
Por Redacción |
-
Aplauden a aposta por unha virtualización orientada a captar alumnado internacional
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Goberno galego ratifica o cambio de nome de Ciencias Sociais e da Comunicación
Por Redacción |
-
Penúlltimo paso para o cambio de nome de Ciencias Sociais a Facultade de Comunicación
Por Redacción |