Emma Torres, reelixida como decana da Facultade da Comunicación
Por Redacción
Emma Torres, profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade e decana da Facultade de Comunicación, continuará tres anos máis á fronte do Decanato despois de que a súa candidatura, a única presentada no procedemento electoral aberto no centro, recibise 27 votos a favor, dous en contra e un en branco na votación celebrada este venres.
Torres leva no seu cargo desde 2020 e manterá o seu equipo formado polos actuais vicedecanos José Pita (Mobilidade e Alumnado), Paulino Pérez (Promoción e Comunicación), Oswaldo García (Infraestructuras e Asuntos Económicos) e Vicente Badenes (Calidade e Docencia), xunto coa secretaria académica, Silvia García Mirón.
Durante a súa intervención, a candidata descatou que o principal obxectivo da nova etapa será "a renovación do plan de estudos do Grao en Publicidade e Relacións Públicas" e sinalou estar "moi contenta, pero tamén consciente de que a carga de traballo é moita".
De fronte ao novo mandato, Torres afirmou que o principal obxectivo será aprobar un novo plan de estudios para Publicidade e Relacións Públicas, "que pasou de ser necesaria a urxente". Neste sentido, indicou que "é preciso actualizalo conforme a realidade do sector con materias que permitan unha adaptación rápida aos cambios".
Outra das liñas de traballo que tratará será impulsar un PCEO (Programacións Conxuntas de Ensinanzas Oficiais) en Publicidade e RRPP e Comunicación Audiovisual, e lembrou que será preciso acometer ás adaptacións que require á LOSU e tratar de impulsar tamén novos cursos de especialista ou másteres propios.
Esa idea "foi a que motivou a posta en marcha no presente curso do Curso de Especialista en Industria Musical, que botará a andar neste mes de decembro cunha vintena de matriculados e matriculadas".
Finalmente, Emma Torres subliñou que "o plan de futuro é a continuidade", posto que "temos emprendido moitas accións e dinámicas de traballo que nos gustaría que seguiran así e cousas que queremos rematar", e destacou como "fito máis importante" a "identidade propia", como un centro "de referencia na formación de comunicadores en Galicia".
Relacionadas:
-
Lembran a importancia da "fiabilidade e confianza" dos medios locais fronte as fake news
Por Redacción |
-
A Universidade planificará nos próximos dous anos os usos que proxectaría darlle ao Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Publicado no DOG o cambio de nome da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Por Redacción |
-
O Canal de Suez provoca a eliminación de Emma Torres, decana de Ciencias Sociais, no programa Ahora Caigo
Por Redacción |