O BNG leva ao Congreso a mellora da seguranza viaria na N-640 en Caldas de Reis
Por Redacción
O Bloque Nacionalista Galego anunciou o rexistro de iniciativas no Congreso para a mellora da seguranza viaria da N-640 ao seu paso polo termo municipal de Caldas de Reis, sobre todo no tramo onde se atopan os centros escolares e o club acuático Umia.
A fronte nacionalista defende unha actuación integral na rúa para convertelo nun entorno máis seguro para as persoas a través da ampliación das beirarrúas, a instalacións de redutores físicos de velocidades, a instalacións de semáforos ou novos pasos peonís.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mantivo unha reunión con representantes da ANPA do CPI Alfonso VII, da ANPA do IES Aquis Celenis e membros do Club Acuático Umia. Polo BNG tamén participaron no encontro o portavoz municipal do BNG en Caldas de Reis, Manuel Fariña, o concelleiro, Xosé Manuel Fariña, a responsable local, Jeniffer Iglesias, e militantes da organización.
"A rúa José Salgado é unha das principais entradas á vila de Caldas e o lugar onde se atopa o principal polo educativo e diversas instalacións deportivas, como o pavillón ou a piscina municipal" explica o voceiro do BNG en Caldas de Reis. Para Manuel Fariña, esta entrada á vila está condicionada pola falta de seguranza viaria co paso continuado de vehículos, incluso pesados, a velocidade excesivas.
"Presentamos diversas iniciativas no pasado, tanto a nivel municipal como no Congreso mais, na cámara baixa, o propio PSOE, partido que goberna na vila, se nega a resolver este problema" lembra Fariña. O BNG presentou unha emenda aos Orzamentos do Estado de 2023 para a urbanización e o calmado do tráfico, valorada en medio millón, mais os partidos que compoñen o Goberno do Estado votaron en contra.
Relacionadas:
-
Manuel Fariña lanza a súa candidatura como candidato en Caldas dun BNG co que "aspiramos a todo"
Por Redacción |
-
Feridas dúas persoas ao chocar un tractor e un camión en Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
O Ministerio licita a redacción do estudo informativo do variante oeste de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
Así son os "dentes de dragón" pintados na N-640 ao seu paso por Caldas e Cuntis
Por Oskar Viéitez |