Despois das chuvias, chega o vento do nordés ás Rías Baixas
Por Redacción
Este domingo 22 de xaneiro, as Rías Baixas mantéñense baixo a influencia anticiclónica cunha situación de estabilidade que ofrece tempo seco, con celos pouco nubrados en xeral. As temperaturas atópanse en descenso, cos termómetros oscilando entre os 5 graos de mínima e os 15 de máxima. O vento soprará frouxo do nordés, segundo a predición do servizo de Meteogalicia.
Durante o luns 23 permanecerá a influencia anticiclónica e a circulación do vento do nordés. Espérase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral na provincia de Pontevedra. As temperaturas moveranse entre os 4 e os 15 graos. O vento soprará frouxo con intervalos de moderados a fortes en todo o litoral oeste de Galicia.
O predominio anticiclónico continuará na xornada do martes con fortalecemento da circulación do vento do nordés. Espérase un día de ceos pouco nubrados en todo o sur de Galicia, mentres que no norte presentaranse máis nubes. As temperaturas continuarán sen cambios.
As altas presións manteranse ao longo de toda a semana, con predominio de ventos do norte e baixa probabilidade de choiva. As temperaturas seguirán sendo baixas para a época do ano con descenso das máximas e espéranse xeadas nas comarcas do interior.