Convocan un acto en Mogor para pedir que se manteñan medidas de protección para o baño nas praias durante o inverno
Por Redacción
Un colectivo de bañistas de Marín organizou un pequeno acto reivindicativo para o vindeiro sábado 28 na praia de Mogor. Queren chamar a atención de autoridades e profesionais do mar para que se incremente a vixilancia e control actual na navegación durante todas as estacións do ano.
José Emilio Dopazo Recamán, un dos integrantes deste colectivo de nadadores, explica que no inverno se retiran algunhas das medidas de protección nas praias como o sistema de balizado. Esta situación provoca un risco para as persoas que realizan natación en augas abertas ou simplemente acoden a darse un baño en meses distintos aos propios do verán.
Lembra que en outubro do 2022 un dos nadadores habituais no inverno en Mogor estaba a se adestrar en augas abertas, sinalizado na auga, cando unha lancha a gran velocidade pasou moi preto da zona na que se atopaba provocando a reacción do bañista. Viuse obrigado a erguer os brazos na auga para chamar a atención do tripulante e alertalo de que se atopaba nunha zona na que a embarcación non debería acceder.
Para evitar novas situacións de risco para a vida destes nadadores, ás 12.00 horas do sábado 28, varias persoas realizarán un baño reivindicativo en Mogor demandando que se manteñan as medidas protectoras durante todo o ano. Tras o mergullo tomarán un chocolate no restaurante Merendero 2 para entrar en calor.
Relacionadas:
-
Un baño reivindicativo en Mogor para solicitar balizas e servizos durante todo o ano
Por Almu Dapena |
-
Un home falece ao golpealo unha embarcación mentres nadaba en Silgar
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Un mergullador falece tras ser golpeado por unha embarcación en Punta Cabicastro
Por Redacción |