Rafa Domínguez propón que o Hospital Provincial se destine a usos universitarios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este mércores unha "promesa electoral" para a cita coas urnas do próximo 28 de maio, quere que o Hospital Provincial se destine a usos universitarios e asegura que as consellerías de Sanidade e Educación "están de acuerdo con la idea".
Nunha comparecencia diante do vello hospital de Loureiro Crespo, do que é titular o SERGAS, Rafa Domínguez expuxo a súa "alternativa" para evitar que o edificio sanitario "quede vacío" unha vez que a actividade que hoxe aquí se desenvolve se traslade ao Gran Montecelo. "Lo que va a generar un agujero económico importantísimo en nuestra ciudad y en este entorno", dixo en referencia aos "bares, restaurantes y comercios que perderán actividad porque mucha gente que se desplaza a este hospital na va a estar".
Rafa Domínguez pretende evitar que se repita o que está a ocorrer co inmoble de Facenda na praza da Ferrería e "por eso el Partido Popular de Pontevedra propone que una vez cierre la actividad médica este edificio sea destinado para el uso universitario".
Rafa Domínguez lembrou que o Hospital Provincial xa acolle a Escola de Enfermería que podería permanecer aquí nunhas mellores condiciones "pero si conseguimos un protocolo en el que se acondicione todo el edificio estamos seguros de que la Universidade de Vigo no va a desechar esta oportunidad", engadiu o candidato popular.
A proposta de Rafa Domínguez, segundo asegurou, xa foi trasladada ás Consellerías de Sanidade e á de Cultura, Educación, FP e Universidades, ademais do propio reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa "y está siendo visto y valorado con muy buenos ojos por todas estas administraciones para que en el futuro podamos conseguir que haya vida universitaria en todo este entorno que si no se podría convertir en un agujero negro de nuestra ciudad".
O PP local descarta o seu reaproveitamento sociosanitario, como se propuxo nalgunha ocasión e aposta por "dotarse de unas instalaciones dignas para la facultad de Enfermería, que en estos momentos no reúnen las condiciones óptimas. Pero, además, creemos que aquí se podrán instalar nuevos grados universitarios y mejorar la oferta de los presentes".
Relacionadas:
-
BNG e PSOE reclamarán á Xunta manter o uso sociosanitario do Hospital Provincial
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
Rafa Domínguez desgrana ante os empresarios o seu plan para "reverter" o rumbo económico de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez propón converter a antigo asilo de Loureiro Crespo nun centro sociosanitario
Por Almu Dapena |
-
Lores sostén que o Provincial non debe perder no futuro o seu uso sociosanitario
Por Alejandro Espiño |
-
A Universidade de Vigo quere dotar o campus de Pontevedra dunha residencia estudantil e estudará as posibilidades do Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Iván Puentes: "A min que o candidato do PP en Pontevedra prometa desmantelar un equipamento sanitario máis na cidade non me sorprende"
Por Oskar Viéitez |
-
Rexeitada no pleno a moción do PP para investir cinco millóns de euros en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Domínguez pedirá no pleno un debate anual sobre o estado do municipio
Por Anxo Lourido |
-
Sanidade trasladará ao Provincial varios servizos de Montecelo cando reforme o hospital actual
Por Alejandro Espiño |
-
García Comesaña descoñece aínda cal será o futuro do Hospital Provincial no 125 aniversario da súa creación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |