Os obradoiros do Chapante dan o pistoletazo ao entroido cuntiense
Por Redacción
O Concello de Cuntis abre o prazo de inscripción nos Obradoiros do Chapante que se realizarán durante catro venres consecutivos, a partir do 27 de xaneiro na Casa Médico ao abeiro do programa “Un inverno de Entroido”.
As altas poden formalizarse na Omix de Cuntis, no teléfono 986 533 600 ou no correo omix@concellodecuntis.es
Trátase dunha actividade de carácter inclusivo xestionada dende o departamento de Cultura e Xuventude do Concello que delega nos asistentes aos obradoiros a responsabilidade de dar forma ao Chapante, figura característica do entroido cuntiense.
O Obradoiro Chapante é unha actividade orientada a nenos e nenas maiores de 8 anos, así como aos participantes do Programa Habilitas, desenvolvido por Servizos Sociais do Concello para fomentar a autonomía das persoas con discapacidade, dando así un carácter inclusivo a esta proposta previa ao entroido.
O Chapante é a representación cuntiense do Entroido; visibiliza esa crítica mordaz ás xentes que optan por vivir das rendas e sen traballar e cada ano é representado de forma diferente.
Relacionadas:
-
Unha festa infantil de disfraces e varios obradoiros, principais novidades do Entroido en Cambados
Por Redacción |
-
O gran desfile do Entroido de Meis celébrase o sábado 18 de febreiro
Por Redacción |
-
O concurso do Desfile de Entroido de Poio repartirá 6.500 euros en premios
Por Redacción |
-
A despedida do Entroido sabe a lacón con grelos en Cuntis
Por Redacción |