As axudas do Goberno permitiron que a conexión a internet de alta velocidade chegase a 40.289 fogares e empresas de Pontevedra
Por Redacción
A secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González Veracruz, e o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, mantiveron na tarde deste mércores unha reunión coa presidenta da Deputación de Pontevedra e con case un cento de alcaldes, alcaldesas e outros cargos municipais de concellos da provincia para presentarlles os plans do Goberno para a extensión de fibra óptica no territorio.
No encontro, ao que tamén asistiu a subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, deuse a coñecer o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, nestes concellos.
Esta acción forma parte do Programa UNICO-Banda Ancha, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno e permitirá que nas dúas primeiras convocatorias (2021 e 2022) se conecten a internet de alta velocidade 40.289 fogares e empresas da provincia cun investimento global de 16.166.245 euros dos que o Goberno aporta 11.116.777.
No conxunto de Galicia, entre as dúas convocatorias xa resoltas, o Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Ancha está a levar a conexión a internet de alta velocidade a 226.725 fogares e empresas cun investimento global de 107.136.930 euros, dos que o Goberno aporta 71.262.165 euros.
Ata o momento lanzáronse dúas convocatorias deste programa (en 2021 e 2022). A de 2021 foi adxudicada integramente a Telefónica en Galicia. A de 2022, á empresa Avatel Telecom para a provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pontevedra segue mantendo as infraccións penais por debaixo da media nacional
Por Oskar Viéitez |
-
Crece o interese en Cerdedo-Cotobade por sumarse á extensión da fibra óptica
Por Redacción |
-
Os veciños de Carballedo estrean a rolda de encontros para programar a instalación da fibra óptica
Por Redacción |
-
Á procura da persoa que enviou unha mensaxe nunha botella de Coca-Cola atopada na Lanzada
Por Anxo Lourido |