Avanza a pavimentación dos camiños rurais de Marín a pesar do mal tempo destes últimos meses
Por Redacción
O mal tempo e as inclemencias meteorolóxicas destes últimos meses non están a supoñer un freo para a execución do proxecto de pavimentación de camiños rurais que se está a levar a cabo este ano na vila e que pretende mellorar e poñer a punto todas as vías de comunicación que son esenciais para o rural marinense.
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou este xoves de que xa se actuou nos camiños de Pena-Caeiro, Ameal-Oubiña, O Pozo e Saíde. Nestes momentos, os operarios están traballando no Pereiro.
En total, investiranse cerca de 200.000 euros, con cargo ao Plan Concellos, para poder abarcar os 11 camiños beneficiados nesta actuación, que xunto cos que xa executados son os de O Carregal, Cruceiro do Vento, O Castro, O Barrio-A Brea, Sobreiras, O Pereiro e Loira.
"Facemos un moi bo balance de como van avanzando estas obras, posto que o mal tempo normalmente retrasa moito os traballos de pavimentación e fumos quen de manter os prazos relativamente estables a pesar do mal tempo dos últimos meses", engadiu o edil.
Relacionadas:
-
Conclúen as obras de mellora do pavimento no camiño que une Resille e O Lameiro, en Marín
Por Redacción |
-
Inclúen doce camiños rurais no novo plan de pavimentacións de Marín
Por Redacción |
-
Continúa a mellora das vías rurais en Marín coa reforma do camiño que une o Lavadoiro da Moureira con As Canles
Por Redacción |