Un toque italiano en 'O Ganapán' esta fin de semana
Os vindeiros 4 e 5 de febreiro se celebrarán no Gastroespazo do Mercado de Abastos numerosas actividades orientadas a escolares de 4 a 10 anos. Trátase dunha proposta pertencente ao programa de lecer 'O Ganapán', protagonizado por receitas de cociña cun marcado sabor italiano.
Entre as actividades se inclue un taller de elaboración de orixinais flores caprese, cociñadas cos ingredientes dunha das ensaladas máis famosas do país transalpino. Ademáis, os escolares poderán realizar uns cremosos de chocolate branco con anacos de pistacho.
Por outra parte, as manualidades e a creatividade serán grandes protagonistas tamén cunha actividade na que os pequenos terán a ocasión de confeccionar uns monicreques de piratas e outra na que crearán unhas canastras portátiles coas que adestrar e practicar onde queiran.
Aqueles menores que desexen asistir aos talleres deberán reservar a súa praza previamente a través do email oganapan@gmail.com, onde se solicitará que cada asistente indique as posibles alerxias ou inolerancias.
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, pide puntualidade aos asistentes e recomenda levar unha friameira para que os escolares trasladen os produtos elaborados ás súas casas e poidan saborealos coas súas familias.
Relacionadas:
-
O Ganapán, unha propuesta de viaxe gastronómica en tempada de Pascua
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Maruxas de nata, superheroes e superheroínas de pau, próximos protagonistas de 'O Ganapán'
Por Rosalía Rico Otero |
-
Paninis de cabaza e queixo de cabra saborosos esta fin de semana no Ganapán
-
Canas de chocolate e vatrushkas, esta fin de semana en 'O Ganapán'