O xeneral Alfonso Pardo de Santayana Galbis, un vello coñecido da Brilat, toma o mando da Brigada
Por Redacción
O ascenso do ata o de agora xeneral xefe da Brilat, Luís Cortés Delgado, a xeneral de división motivou cambios á fronte da Brigada Galicia VII. O novo responsable será o xeneral de Brigada Alfonso Pardo de Santayana Galbis .
Alfonso Pardo de Santayana Galbis foi nomeado xeneral de brigada o pasado 31 de xaneiro polo Ministerio de Defensa, exercendo ata entón o emprego de coronel. Ademais, esta mesma semana foi nomeado novo xefe da Brilat.
O Boletín Oficial de Defensa publicou este xoves 2 de febreiro o nomeamento do xeneral Pardo de Santayana Galbis a proposta do Xefe de Estado Maior do Exército de Terra.
Trátase dun militar da familia Brilat, xa que estivo destinado en Cuartel Xeral co emprego de Comandante e ao mando do Rexemento Príncipe 3, unidade da Brigada con sede en Siero (Asturias) entre decembro de 2019 e decembro de 2021.
O agora xeneral de división Luís Cortés deixa a Brilat tras ascender o pasado 31 de xaneiro. Con este ascenso, deixa a Xefatura da Brilat e tamén o seu cargo como comandante militar de Pontevedra e Ourense, que exercía desde o 31 de outubro de 2019.
A Brigada despediuse del este venres 3 de febreiro cun acto de despedida oficial na Praza Juan Carlos I. O propio xeneral presidiu a parada militar de carácter interno coa que se lle despediu e renovou o xuramento á Bandeira bicando a bandeira do Rexemento Isabel a Católica 29, unidade que cumpriu recentemente os seus 150 anos de historia. Tamén asinou no Libro de Honra da Unidade.
No seu discurso de despedida, fixo un repaso aos distintos traballos que nos últimos anos realizou a Brilat por España. Entre eles, destacou o labor realizado durante os peores momentos da pandemia da covid-19.
Relacionadas:
-
Xeneral Pardo de Santayana: "A incerteza pode ser o onde e o cando podemos despregar, pero o resto témolo claro, preparación"
Por Natalia Puga |
-
O xeneral Alfonso Pardo de Santayana, regreso á casa cos máximos galóns e o reto de que a Brilat "siga sendo magnífica"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O novo xeneral xefe da Brilat 'estréase' cunha visita á Subdelegación do Goberno
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Cambio á fronte da Brilat: Luis Cortés deixa a brigada tras o seu ascenso a xeneral de división
Por Redacción |