Regresa o Entroido á Lama cun desfile e premios aos mellores disfraces
Por Redacción
O Entroido regresa ao Concello da Lama cun desfile de disfraces o sábado 25 de febreiro para o cal está confirmada a participación das comparsas 100Tolos, Os Canecos, Os da Caña, As Flores do Carnaval, Os Paparrulos, As Sonecas, Os Miudos e Os Solfamidas.
Os organizadores queren recuperar a diversión popular cun Entroido "máis numeroso e participativo dos que se desenvolven na comarca do Verdugo-Oitavén", onde reivindicarán a figura do Conde Cabanelas, emigrante galego natural de Covelo que impulsou a popularización e a saída á rúa do entroido de Río de Janeiro.
Este ano, para evitar problemas organizativos, van limitar a participación de comparsas a un total de 8, facilitando tamén a inscrición de grupos, disfraces de parellas e individuais así como grupo infantil, que estarán dotados de diferentes premios e encherán de colorido esta cabalgata que tamén contará con carrozas e unha ampla representación infantil cos nenos e nenas do municipio.
Este ano tamén habilitaron dúas categorías para incentivar a participación de grupos da comarca de O Verdugo-Oitavén: local e visitante, dotadas con suculentos premios por igual para favorecer a asistencia e a compensación en premios para os mellores disfraces. Por local, a organización entende aqueles participantes domiciliados nos municipios de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e A Lama.
As persoas e grupos que queiran participar poderán inscribirse de luns a venres nas oficinas municipais en horario de 9 a 14 horas, cubrindo un impreso normalizado antes do xoves 23 de febreiro. O impreso pode ser descargado desde a páxina web do Concello e deberá ser presentado no Consistorio e/ou por fax (986 76 82 82).
Ao rematar o desfile o público asistente poderá degustar chocolate con churros mentras agardan polo fallo do xurado e bailarán a ritmo de 3.COM.
PREMIOS AOS QUE SE PODE OPTAR
O primeiro premio das comparsas consistirá nun trofeo e un diploma como Raíña do Entroido, o segundo será un trofeo e diploma do segundo posto e o terceiro, un trofeo e diploma acreditativo do terceiro posto.
Os grupos, tanto local como visitante, poderán levarse o primeiro premio de 200 euros, o segundo de 150 e o terceiro de 100. Os individuais/parellas optarán a un premio único de 75 euros o primeiro, 50 euros o segundo e 30 euros o terceiro, e a agrupación infantil terá un único premio de 50 euros.
Relacionadas:
-
O concurso desfile de Entroido en A Lama volverá o sábado a reivindicar ao Conde Cabanelas
Por Redacción |
-
Chocolate con churros e baile para celebrar a gran asistencia ao desfile de Entroido na Lama
Por Redacción |
-
Máis de 12.000 euros van repartirse nos premios do Entroido 2023 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Todo un mes para celebrar o desfile e os enterros do Entroido de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu abre inscricións para un Entroido que repartirá 6.500 euros en premios nos seus desfiles
Por Redacción |
-
O gran desfile do Entroido de Meis celébrase o sábado 18 de febreiro
Por Redacción |