Comezan as obras de humanización no entorno da capela das Angustias, en Meaño
Por Redacción
As obras de humanización da estrada provincial EP-9302 comezou estos días no entorno da capela das Angustias en Broullón, Xil, donde as máquinas xa están a soterrar as novas canalizacións dos servizos básicos, avanzando nunha das actuacións máis ambiciosas no municipio no que a recuperación de espazo público para a veciñanza se refire.
Na contorna da capela das Angustias empregarase un pavimento de lousa de granito gris para dar continuidade á contorna patrimonial do adro do recinto relixioso. As obras inclúen a demolición do pavimento asfáltico existente e a preparación do terreo para o novo, que intercalará cada 14 metros un bordo transversal de pedra natural gris de 30 centímetros de ancho.
A obra recolle tamén a eliminación das redes aéreas de iluminación, telefonía e electricidade ao soterrar todas as conducións. Ademais, a nova rede de iluminación contará con luminarias LED sobre columnas e, na zona da igrexa, con farois de fachada.
Esta plataforma única sobreelevada no núcleo de Broullón, forma parte do proxecto co mesmo formato que se está executando en Aldea de Abaixo, en Cobas.
O alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, explicou que "levamos tempo traballando neste concepto de humanizacións de contornas con importantes investimentos xa realizados na nova apertura e humanización do vial da igrexa de Lores, na humanización da contorna da igrexa de Simes e viales próximos, e na ampliación e humanización no centro de Dena do vial que une carretera da Igrexa co vial de acceso a centro de Dena e Abuin, así coma a humanización centro Dena- Faxin , vial acceso aos Pasales".
O alcalde sinala que "melloraron así a calidade da nosa rede viaria e sobre todo dotandoa de seguridade, tanto para o tráfico como para os peóns", apunta Carlos Viéitez, que destaca a importancia da prioridade peonil nesta nova obra, que inclúe plataformas únicas sobreelevadas ao paso polos núcleos de Broullón, en Xil e Aldea de Abaixo, en Cobas, con un orzamento de 375.000 euros, financiada 70% pola Diputación de Pontevedra e 30% polo concello de Meaño.