Catro detidos nunha operación contra unha rede de transporte de drogas
Por Oskar Viéitez
Catro persoas foron detidas pola súa presunta pertenza a unha organización delituosa dedicada ao tráfico e distribución de cocaína entre Galicia e Portugal.
Trátase dunha operación conxunta, bautizada como 'Positivo-Canteira', na que participaron funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, da UDYCO 1 de Pontevedra e do Greco Galicia da Policía Nacional, e do EDOA da Garda Civil de Pontevedra e Ourense.
Segundo informaron fontes oficiais, a investigación comezou en xaneiro de 2022, cando se tivo coñecemento da existencia dunha organización delituosa asentada en Pontevedra que se dedicaba ao transporte de dicha substancia tanto nesta provincia como nas da Coruña e Ourense.
Froito das investigacións realizadas, tívose coñecemento de que a organización, "ademais de organizar transportes perfectamente coordinados a distintas localizacións de Galicia e Portugal tamén se encargaban de distribuír substancias ilícitas en diversos locais de lecer da zona do Salnés".
No marco desta operación realizáronse un total de sete entradas e rexistros, en diferentes localizacións de Vilagarcía de Arousa tras deter a catro dos presuntos integrantes do grupo criminal.
Con esta operación as forzas da orde dan por desmantelado o armazón delituoso e aseguran que "se deu un golpe importante á distribución de substancias estupefacientes".
Relacionadas:
-
Dous detidos e 200 quilos de haxix incautados nunha nova operación antidroga en Arousa
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Penas de entre 2 e 8 anos de prisión para unha rede que 'coaba' cocaína en España en contedores de froita
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Confiscan haxix, unha pistola de balotes e unha navalla nun control de tráfico en José Malvar
Por Redacción |
-
Desarticulan un grupo criminal que distribuía cocaína en Galicia e Portugal
Por Redacción |