A UNED de Pontevedra pon en marcha un curso para abordar o mundo da psicose
Os días 22 e 23 de febreiro levarase a cabo no centro asociado da UNED en Pontevedra un curso titulado "Abordaje de la psicosis: de la prevención a la reducción del daño". Impartirase vía online, en directo ou en diferido, de 16:00 a 21:00 horas e terá un custo de matrícula de 20 euros por alumno.
Neste curso tratarase de abordar o complicado mundo da psicose mediante a colaboración de Aaron Argudo Palacios, subdirector e psicólogo xeral sanitario de ALUME Saúde Mental e profesor titor da UNED; Laura Gallego Fernández, psicóloga especialista en psicoloxía clínica de ALUME Saúde Mental e Ana Luisa Regueira Fuenteseca, directora e psicóloga especialista en psicoloxía clínica de ALUME Saúde Mental.
O curso estará dirixido por María Luisa Mondolfi Miguel, profesora-titora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, e contará coa coordinación de Rafael Cotelo Pazos, responsable de Extensión Universitaria e Actividades Culturais.
O contido programado pretende ser unha aproximación de coñecementos para adquirir ferramentas que faciliten o proceso de avaliación e intervención. Entre os seus obxectivos está dar a coñecer o mundo da psicose, aprender a diferenciar os trastornos que cursan con síntomas psicóticos e identificar ferramentas de intervención e avaliación no contexto sociosanitario.
A programación dividirase en dous días, comezando o xoves 22 ás 16:00 horas introducindo o tema da psicose para despois abordar as ferramentas de avaliación e técnicas de tratamento. Para acabar, o venres 23 iniciarase á mesma hora e tocaranse temas como a prevención de recaídas, sinais máis habituais ou manexos dunha crise entre outros.
Rematará o curso Aarón Argudo Palacios abordando as novas perspectivas no espectro psicótico, investigacións en terapia asistida con animais, o impacto do confinamento nun centro de rehabilitación psicosocial e experiencias no programa de atención aos primeiros episodios psicóticos.
Relacionadas:
-
A UNED homenaxea ás mulleres do mar
Por Redacción |
-
RADIO.- Culpable ou responsable? Outro dos sesgos cognitivos que revisamos no podcast 'A min tamén me pasa'
Por Redacción |
-
A UNED organiza unha nova edición do curso de coordinación de Benestar e Protección nos centros educativos
Por Redacción |
-
A UNED celebrará o 8M cun gran acto de empoderamento e homenaxe ás mulleres do mar
Por Redacción |
-
O grupo de teatro da Uned Sénior colleita un grande éxito coa súa representación de "A consulta do doutor"
Por Redacción |