A UNED organiza unha nova edición do curso de coordinación de Benestar e Protección nos centros educativos
Por Redacción
O Centro Asociado da UNED en Pontevedra establece entre o 27 de febreiro e o 31 de marzo unha nova edición do curso de "Coordinador/a de benestar e protección nos centros educativos", cunha extensión de 75 horas lectivas impartidas en liña en diferido polo pedagogo e mediador Javier Mingorance.
Este curso será dirixido por David Jiménez-Hernández, profesor do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Didácticas Especiais. Contará coa coorindación de Rafael Cotelo Pazos, responsable de Extensión Universitaria e Actividades Culturais. O custo de matrícula por estudante é de 150 euros.
Javier Mingorance é pedagogo e mediador rexistrado no Rexistro de Medidadores do Ministerio de Xustiza; habilitado polo Departament de Xustiza da Generalitat de Cantalunya, experto en prevención da violencia contra as mulleres.
Durante o curso deseñarase un Plan de Convivencia nun centro educativo para previr fenómenos de acoso escolar; malos tratos a persoas menores; xenofobia; homofobia; ciberacoso ou sexting. Tamén poderán coñecer e analizar un protocolo de actuación para erradicar casos de bullying ou outro tipo de malos tratos cara a persoas menores.
Os módulos en que se divide o curso son teórico-prácticos. O primeiro centrarase en "A coordinación de benestar e protección nos centros educativos" e estenderase ao longo de quince horas. O segundo levará por título "A estrutura organizativa dos centros educativos", que se impartirá durante cinco horas.
Outros módulos do curso distribúense da seguinte forma: "Análise do proxecto educativo do centro e o R.R.I." (10 horas); "Tipos de malos tratos na infancia e a adolescencia" (20 horas); "Deseño do Plan de Convivencia na escola" (10 horas) e "Funcións do/a coordinador/a de benestar e protección" (15 horas).
Relacionadas:
-
A UNED ofrece un curso estival sobre a igualdade como dereito fundamental no Centro Penitenciario da Lama
Por Redacción |
-
A UNED homenaxea ás mulleres do mar
Por Redacción |
-
A UNED de Pontevedra pon en marcha un curso para abordar o mundo da psicose
Por Álvaro Arosa Barco |
-
A UNED celebrará o 8M cun gran acto de empoderamento e homenaxe ás mulleres do mar
Por Redacción |
-
O grupo de teatro da Uned Sénior colleita un grande éxito coa súa representación de "A consulta do doutor"
Por Redacción |
-
A sección sénior chega á aula da UNED en Portas
Por Redacción |