A nova ordenanza do taxi recollendo a figura do 'coche de punto', a un paso de ser aprobada
Por Redacción
A Xunta de Goberno local aprobaba este luns a nova ordenanza do taxi en Pontevedra. Esta nova normativa terá que debaterse e aprobarse no próximo pleno municipal correspondente ao mes de febreiro.
Entre as novidades establécese a opción de que no futuro #implantar tarifas planas a determinados destinos como, por exemplo, os aeroportos ou os hospitais de Galicia.
Demetrio Gómez, concelleiro responsable de Mobilidade, indica que é o último trámite para poñer en marcha o futuro servizo de transporte a demanda no municipio, e que será coñecido como 'coche de punto'.
A proposta do Coche de Punto permitirá o uso destes vehículos por parte de persoas que queiran desprazarse do rural á cidade e terán a oportunidade de compartir o mesmo taxi entre varias persoas, sempre que residan en zonas próximas.
Relacionadas:
-
Manter as taxas impositivas conxeladas, intención do alcalde de Pontevedra para 2024
Por Anxo Lourido |
-
Soutomaior apúntase ao 'transporte a demanda' para trasladar a colectivos vulnerables ao médico e xestións públicas
Por Redacción |
-
O Provincial, hospital ou edificio universitario? Dúas visións contrapostas chocan no pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Os taxis serán os únicos que poderán ser 'coche de punto' en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O 'coche de punto' remata a súa fase de probas con 2.152 quilómetros percorridos e 56 usuarios
Por Alejandro Espiño |
-
O coche de punto poñerase en marcha antes da primavera do 2023
Por Raquel Currás Martínez |
-
Autorización da Xunta para que se desenvolva o 'coche de punto' a través do servizo de taxi
Por Redacción |