Vandalizan un banco do paseo de Lourido cunha pintada homófoba
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio descubriu este luns que un dos bancos do paseo de Lourido sufriu un acto vandálico.
O banco, que está pintado coas cores da bandeira co arco da vella símbolo da comunidade LGBT, apareceu danado cunha pintada homófoba.
"Maricas no os queremos", está escrito con pintura en spray de cor negra no asento e o chan.
"Ainda hai xente primitiva que non respecta a liberdade sexual", lamenta a Policía Local de Poio no seu perfil de Facebook no que divulgou esta acción vandálica.
A Policía solicita a colaboración cidadá para identificar o autor dos feitos.