O Concello de Caldas trasladará ao Ministerio de Transportes unha proposta para acougar o tráfico no centro
Por Redacción
A Oficina da área de Rehabilitación Integral (ARI) de Caldas está a analizar a rúa da Ferrería deste municipio coa intención de realizar melloras nunha zona onde, ademais, hai un conxunto de vivendas protexidas polo Catálogo do Patrimonio Cultural do PXOM e incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.
Trátase dun conxunto de edificacións entre medianeiras de finais do século XIX, de tipoloxía seriada, con portas de madeira baixo arcos escarzanos, cuxa semellanza tipolóxica e volumétrica confírenlle un elevado valor patrimonial. Desde o Concello consideran que moitas destes inmobles atópase nun alto nivel de abandono.
Manuel González, concelleiro de Medio Ambiente e Obras visitaba con María Pierres, arquitecta e directora da Oficina do ARI, esta zona, acompañados por Anabel Ferreiro, unha veciña da rúa que reclama unha reforma deste espazo que se converteu na porta de entrada a Caldas desde a estrada procedente de Pontevedra e entrada para os peregrinos do Camiño Portugués.
Desde o Concello comprométense a trasladar ao Ministerio de Transportes a proposta de acougar o tráfico no centro urbano tanto na estrada N-550 como na N-640. Queren que se estableza un límite de velocidade de 30 km/h; ademais contemplan tamén reurbanizar as beirarrúas da rúa da Ferrería, que actualmente son estreitas e atópanse deterioradas.
Estudarán a rehabilitación das fachadas e doutros elementos degradados como balcóns de forxa, portas e xanelas de carpintería de madeira, ademais de canlóns e bajantes rotos.
O goberno local promete restaurar a fachada do Concello e de diversos elementos escultóricos, tentará recuperar farois históricos mellorando a iluminación e completar a varanda do frontal do Concello. Tamén se recolocará e restaurará a Fonte da Ferrería, un elemento centenario.
A cidadanía conta co teléfono de avisos municipal (647 574 316 ) para trasladar as demandas que consideren necesarias en espazos públicos.
Relacionadas:
-
Un orzamento de 100.000 euros para rehabilitar e volver sostibles as casas de Caldas
Por Redacción |
-
A Deputación financiará a transformación da Travesía Dona Urraca, en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Once empresas optan a humanizar a rúa Río Bermaña e a praza Doutor Sesto Casal de Caldas
Por Redacción |