Un orzamento de 100.000 euros para rehabilitar e volver sostibles as casas de Caldas
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis, a través da Oficina da área de Rehabilitación Integral (ARI), acaba de abrir unha nova convocatoria de axudas á rehabilitación de vivendas cun orzamento de case 100.000 euros.
Os fondos, pertencentes ao Programa de Rexeneración Urbana e Rural do Plan Estatal de Vivenda, permitirán subvencionar obras de conservación e mantemento, mellora da accesibilidade e melloras da eficiencia enerxética de vivendas e da sustentabilidade.
O alcalde, Juan Manuel Rey, animou á cidadanía para aproveitar estas subvencións para executar obras de rehabilitación nas vivendas da zona ARI, tanto na parroquia de Santo Tomás como na de Santa María.
O concelleiro de Medio Ambiente e Obras, Manuel González, informou este martes desta nova convocatoria de axudas, a segunda da terceira fase do convenio asinado en 2018 entre o Ministerio de Transportes e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia e o Concello de Caldas de Reis.
A Oficina do ARI, que dirixe a arquitecta pontevedresa María Pierres, facilitará información sobre os importes das axudas e asesoramento sobre as condicións e trámites para optar ás mesmas.
As persoas interesadas en solicitar estas subvencións deben solicitar cita previa a través do teléfono de avisos do Concello: 647574316.
As subvencións están dirixidas a persoas propietarias de vivendas unifamiliares ou de vivendas en edificios e tamén a comunidades de propietarios.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 17 de xuño de 2023.
Relacionadas:
-
Caldas elabora da man do sector a candidatura do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino
Por Redacción |
-
O Concello de Caldas trasladará ao Ministerio de Transportes unha proposta para acougar o tráfico no centro
Por Redacción |
-
A oficina da ARI de Caldas de Reis atendeu 350 consultas este ano
Por Redacción |
-
A restauración da plazuela de Caldas porá en valor o proxecto de Jenaro de la Fuente de 1896
Por Redacción |
-
A Oficina da ARI de Caldas tramita máis de 100 axudas a familias para a rehabilitación, adquisición e aluguer de vivendas
Por Redacción |