Ollares de Portonovo retrata a 30 veciñas de Sanxenxo para unha exposición polo Día Internacional da Muller
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo, a través do Centro de Información á Muller, dedicará o 8-M ás mulleres do municipio cunha programación que busca visibilizar o papel significativo de veciñas en distintos ámbitos profesionais.
Ademais do vídeo de "Mulleres Inspiradoras" que se emitirá ese día ás 20 horas, no Día Internacional da Muller realizarase unha exposición "Mulleres no obxectivo" con fotografías realizadas por membros da asociación portonovesa Ollares de Portonovo.
A mostra poderá verse na entrada do Pazo de Emilia Pardo Bazán, localización na que se emitirá tamén o documental, cun total de 30 fotografías de mulleres nos seus distintos postos de traballo. A exposición levará aos centros escolares e ás casas de cultura nos próximos meses co obxectivo de achegar o papel de todas elas.
Ademais, a actriz e xornalista, Jazmín Abuín, realizará un monólogo durante o acto baixo o título "Riquiña". As actividades do programa están financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.
ROTEIRO POLA IGUALDADE
Baixo o lema "Boxeo e balonmán pola Igualdade" os clubs locais "Pibe´s Team Sanxenxo" de boxeo e o Club "Balonmán Sanxenxo" en colaboración co CIM de Sanxenxo, participarán na conmemoración que levará a cabo polo Día da Muller cun roteiro de sendeirismo o próximo 12 de marzo. Trátase dun roteiro circular de 5 quilómetros con saída ás 10 horas do pavillón municipal de Vilalonga, onde ambos os clubs realizan as súas actividades deportivas diarias. Ao finalizar o roteiro, os nenos e nenas de cada un dos clubs farán unha exhibición das dúas disciplinas.
O Club "Balonmán Sanxenxo" considera que a educación en igualdade é a única maneira de alcanzar unha sociedade máis xusta polo que quere contribuír á conmemoración do 8-M en unión con todos os nenos, nenas e familias que o conforman. O Club "Pibe´s Team Sanxenxo" de recente creación, avoga pola ruptura dos estereotipos e a loita pola igualdade, promovendo, que un deporte eminentemente masculinizado como é o boxeo, sexa practicado en Sanxenxo por mulleres e homes.
Relacionadas:
-
A familia de Olimpio Piñeiro recolle a insignia de ouro pola súa contribución á memoria fotográfica do municipio
Por Redacción |
-
Ollares de Portonovo presenta unha exposición na rúa con máis de 2.000 fotografías
Por Redacción |
-
O CIM de Sanxenxo renovará o mobiliario e o equipamento informático
Por Redacción |
-
Un "Escape Room" fomentará a igualdade en centros educativos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Doce días para visitar obras de Uxía Gonzalo Salgueiro e Uxía Caneda con banda sonora propia
Por Redacción |
-
'Mulleres Artistas' pretende exhibir obras descoñecidas a través dos cristais do Centro de Arte
Por Redacción |
-
Sanxenxo ten 37 casos activos por violencia de xénero, ningún deles en risco extremo
Por Redacción |
-
A Corporación poiense aproba unha moción conxunta instando ás institucións a adoptar medidas en favor da Igualdade
Por Redacción |
-
'O Furancho', de Ibuprofeno Teatro, representarase este domingo no Centro Social de Dena
Por Redacción |
-
Dúas semanas para conmemorar a igualdade e o 8M en Ribadumia
Por Redacción |
-
Zafarrancho de limpeza nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta
Por Redacción |
-
Nove veciñas de Sanxenxo inspiradoras para rachar cos estereotipos este 8M
Por Redacción |
-
O CIM levará aos colexios de Sanxenxo os talleres 'Mulleres con Ciencia'
Por Redacción |
-
Sanxenxo homenaxeará o 8M ás súas mulleres inspiradoras
Por Redacción |