Os militantes socialistas de Pontevedra ratifican por aclamación a lista coa que o partido concorrerá ás municipais
Por Redacción
A Residencia de Estudantes de Afundación acolleu na tarde deste luns unha Asemblea extraordinaria da Agrupación Socialista de Pontevedra na que se someteu a aprobación a proposta de candidatos para as eleccións municipais do 28 de maio.
A única lista presentada foi ratificada por aclamación polos máis de 150 militantes asistentes e será remitida nos vindeiros días á Comisión Executiva Provincial do PSOE. A proposta de candidatos aprobada é a seguinte:
- Marica Adrio, senadora
- Carlos Paz 'Carletes', presidente Club Naval
- Mabel Rodríguez, secretaria de Administración da Agrupación Socialista de Pontevedra
- Benito Gama, presidente do partido e referente histórico
- Margariña Valderrama, histórica e secretaria executiva da Agrupación
- Antón Louro, ex delegado do Goberno en Galicia e ex voceiro municipal do PSOE
- Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, Turismo, Igualdade e Universidade e vicesecretaria 2ª e secretaria de Turismo da Agrupación
- Camilo Garrido, empresario
- María Abollado Vidal, traballadora social e veciña de Lérez
- Fernando Baena, ex responsable do Catastro na provincia e secretario de Ordenación Territorial, Urbanismo e Vivenda da Agrupación
- Paloma Rodríguez Español, secretaria de Política Social da Agrupación
- Jesús Miguélez, secretario de Sanidade da Agrupación
- Patricia Vilán, avogada e membro da Fegamp e secretaria de Medio Ambiente
- Christian Fernández Ramos, estudante, repite candidatura, secretario executivo da Agrupación
- Rocío Carrera, foi na lista anterior e membro do Comité Provincial do PSOE; autónoma, axente inmobiliaria
- Pedro Hermida, avogado e secretario de Xustiza da Agrupación
- Paloma Castro, parlamentaria e vicesecretaria 3ª e secretaria de Igualdade da Agrupación
- Manuel Fariña, profesor e secretario no IES Frei Martín Sarmiento e secretario de Educación e Cultura da Agrupación
- Estrela Vilacoba, coordinadora de Xuventudes Socialistas en Pontevedra
- Marcos Rey, concelleiro de Benestar Social e Animal, presidente dos comuneiros de Verducido e secretario executivo da Agrupación
- Alicia Rodríguez Esteban, economista e traballadora de Abanca
- Yeyo Pérez Agulla, vicesecretario 1º e secretario de Formación da Agrupación, e coordinador comarcal do partido
- Eugenia Jorge Marinero, ex traballadora de Turismo de Pontevedra e secretaria de Militancia e Acción Electoral da Agrupación
- Roberto Taboada, doutor en Enxeñería Química e profesor de Secundaria
- Margarita González Bértola, presidenta da Asociación de Ambulantes de Galicia
- Beltrán Raña Criado, funcionario do Corpo de Seguridade da Deputación Provincial
- Montse Couto, traballadora do sindicato UGT
- Ángel Mario Lago, histórico dirixente veciñal que xa formou parte da anterior lista electoral
- Carmen 'Tita' Hermo, profesora no IES Frei Martín Sarmiento e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (foi docente na Facultade de Arquitectura da Coruña). Pintora e membro do Ateneo
- David Fraga, estudante universitario na Facultade de Ciencias do Deporte do Campus de Pontevedra e xogador do Pontevedra CF
Dende a Agrupación Socialista aseguran que "a lista representa as diferentes vontades e sensibilidades, contando con moi diversos perfís profesionais", 16 dos seus compoñentes son membros da Executiva Municipal Socialista.
Relacionadas:
-
Unha de cada tres candidaturas do PSdeG-PSOE para as municipais estrearán cabeza de lista
Por Redacción |
-
Iván Puentes presenta a súa candidatura á alcaldía como a "única alternativa real, fiable e con experiencia de goberno"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A executiva do PSOE releva a Tino Fernández e designa a Iván Puentes novo portavoz do grupo municipal
Por Oskar Viéitez |