Alumnado de centros educativos aprenderá a realizar a reanimación cardio-pulmonar
Os centros educativos de CIFP Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa, e o CEIP Cabanas-Salcedo de Pontevedra recibirán cursos teórico-prácticos de reanimación cardiopulmonar. Esta formación será impartida por profesionais da área Sanitaria de Pontevedra e do Salnés acompañados de docentes e profesores da materia de Educación Física de cada centro.
O mércores 1 de marzo levarase a cabo o curso en Fontecarmoa e o xoves 2 de marzo en Salcedo, entre as 10:00 horas e as 14:00 horas. A esta formación acudirán 4 docentes e 54 alumnos de ciclos formativos de ambos os centros educativos.
Ángeles Castro Otero, a coordinadora destes cursos e doutora de Urxencias do Hospital do Salnés, sinala que a ensinanza que brinda esta iniciativa, da área Área Sanitaria de Pontevedra e do Salnés, pode ser realizada por calquera persoa. Ademais de que Castro considera importante que as persoas teñan esta información básica, xa que se "lograría reducir a mortalidade cardiopulmonar ata un vinte por cento”.
A doutora Castro Otero engade que a formación en primeiros auxilios é importante ensinala desde idades temperás.
A formación estará a cargo dos profesionais do servizo de Urxencias do Hospital do Salnés Eugenio Pose Sobral; Ángeles Castro Otero; Diana Rodríguez Dávila, profesional da UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e o profesorado de ambos os institutos, que posteriormente colaborarán nun plan formativo. Estes cursos tamén contan con avais científicos do Plan Nacional de Reanimación Cardiopulmonar da American Heart Asociation, no plan de de atención cardiovascular de urxencia da Sociedade Española de Urxencias e Emerxencias -SEMES-.
Neste curso, os docentes e alumnado analizarán con simulacións prácticas interactivas protocolos de actuación e cadros patolóxicos que presentan os pacientes en situacións críticas. Estas actividades tamén serán valoradas polo profesorado e complementaranse coa execución doutras simulacións. En estas valoraranse a eficacia e a calidade.
Os profesionais do servizo de Urxencias do Hospital do Salnés e da UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra focalizaranse en representar como sería unha intervención a un paciente en situación de parada cardiorrespiratoria. Destacan que se estima que por cada minuto que un paciente pasa en parada cardiorrespiratoria, sen recibir ningunha reanimación, perde un 10 por cento de posibilidades de recuperación e pasados os catro minutos, haberá alteracións no cerebro, secuelas e mesmo se podería chegar a falecer.
Relacionadas:
-
O CEIP de Cabanas - Salcedo triunfa no 40 Concurso Escolar da ONCE en Galicia
Por Redacción |
-
Prácticas de reanimación en vivo e unha mensaxe: "a peor RCP é a que non se fai"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
'Desafógate', unha aventura acuática que fomenta a prevención do afogamento infantil
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Que facer cando un neno se atragoa ou está inconsciente? Leccións no Hospital Provincial
Por Redacción |