Os centros educativos de Moraña, Portas e Campo Lameiro familiarízanse coa compostaxe
Por Redacción
No marco das campañas de concienciación sobre biorresiduos impulsadas conxuntamente polos concellos de Moraña, Portas e Campo Lameiro, leváronse a cabo, o pasado día 23 e 28 de febreiro, unha serie de charlas nos centros educativos CPI Plurilingüe Santa Lucía, CPI Domingo Fontán e CEIP Pedro Antonio Cerviño.
Durante estes obradoiros, falouse da importancia da xestión en orixe dos residuos en xeral e dos biorresiduos en particular.
O alumnado aprendeu ademais unhas nocións básicas de compostaxe, o que lles permitirá nun futuro contribuír á redución de residuos domésticos da fracción que máis peso ten nos fogares galegos (42%).
A iniciativa foi moi ben recibida polo alumnado e o profesorado dos centros, mostrando un gran interese en seguir aprendendo sobre técnicas verdes que, sendo pequenos xestos, axudan a loitar contra o cambio climático.
Dende os concellos de Moraña, Portas e Campo Lameiro valórase positivamente a participación dos centros educativos neste tipo de campañas de concienciación, xa que consideran que é fundamental que as novas xeracións participen activamente e se formen para lograr un futuro medioambiental mellor.
Cómpre destacar que aínda quedan prazas dispoñibles para participar nas campañas de compostaxe doméstica (orientada a familias con zona verde ou horta) e da implantación do contedor marrón (orientada a familias do núcleo urbano dos concellos).
Para máis información, os interesados poden contactar co concello da súa localidade, chamar ao 690 145 190 ou, no caso da campaña de compostaxe doméstica, inscribirse directamente na web.
As dúas iniciativas son completamente de balde, requirindo só estar motivado para formar parte deste proxecto a favor do medio ambiente.
Relacionadas:
-
O Concello estuda ampliar o número de colectores marróns en varias zonas da cidade
Por Álvaro Arosa Barco |
-
O Concello volverá licitar o contrato da xestión de residuos ao estimarse o recurso dunha empresa vinculada a Cáritas
Por Oskar Viéitez |
-
Enfado en Caldas pola implantación do contedor marrón que establece Sogama
Por Redacción |