Santa María de Xeve estrea o seu novo roteiro que pon en valor os elementos patrimoniais e históricos da parroquia
Por Redacción
Este sábado a parroquia de Santa María de Xeve estreou o seu novo roteiro circular de case 6 quilómetros que pon en valor algúns dos elementos patrimoniais e históricos cos que conta a súa veciñanza.
O novo roteiro é circular posúe unha dificultade baixa á hora de camiñalo e xa ten instalados os diversos elementos de sinalización en forma de paneis informativos que dan conta dos elementos patrimoniais que teñan ao seu carón. Tamén hai postes que indican a dirección do percorrido.
O trazado parte da igrexa de Santa María, pasa pola Torre Vella, o pazo de Gondar, o cárcere de Gondar, o miradoiro da Pedreira, A Forca, a Casa da Audiencia, as pedras do Becerral, o Outeiro do Castro, o miradoiro do Outeiro Vello, o cruceiro do Regueiro, o muíño vello, a casa dos Monteagudos, a casa da Sancristana, a casa antiga do Concello e remata no punto de inicio.
O Concello promoveu este sábado, a modo de inauguración, un roteiro guiado da man do arqueólogo Alberte Reboreda, onde explicou polo miúdo os diferentes elementos patrimoniais que están sinalizados e que dan forma a este roteiro.
Relacionadas:
-
Novo impacto contra un cruceiro: un turismo derruba o capitel da cruz situada en Santa María de Xeve
Por Anxo Lourido |
-
Crean un roteiro patrimonial para coñecer a historia da parroquia de Santa María de Xeve
Por Anxo Lourido |
-
Medio millón de euros para mellorar as parroquias do rural no comezo de 2023
Por Redacción |
-
O harmonio centenario de Xeve recuperado con financiamento popular volve soar
Por Redacción |